Cousas de Santi

Aquí atoparás un pouco de todo das nosas cousas; a nosa terra,e demáis. Textos,fotos e demáis motivos.

 

Candamil

xoves 21 febreiro 2008

 
 
 
 
 
 
CANDAMIL
 
  
 
 
 
CANDAMIL

*San Migueliño das uvas maduras, moito me tardas e
Pouco me duras*
 
Datos
 
Concello: Xermade  
Parroquia: Candamil (San Miguel)
Superficie: 8,17 Km²
Latitude: 43º21'
Lonxitude: 7º46'
Altura Media: 468
Latitud en grados decimais: 43.35
Longitud en grados decimais: -7.767
Coordenada X UTM Huso 30: 113646
Coordenada Y UTM Huso 30: 4810815.1
Huso UTM: 29
Cuadrícula UTM: NJ90
Código Ine:
27021
Folla del MTN 1:50000:
23
Barrios: Campo, O - Carballás, Os - Casadedra, A -
Casanova, A - Currás, Os - Feal, O - Fraguela, A -
 Lodeiro, O - Pedregosas, As - Pedreira, A - Pena, A -
 Picoucelo, O - Serra. a - Silveiravella, A - Vilacide.
Lugares: Albariza; A Moa; Muiño das Penas; A Fonte;
Fonte Ruño; Morea da Cobra; Río Trimaz e
Regos Fontiña da Ribeira e Curaceiro.
 
  
Historia
 
A localidade foi habitada na prehistoria por
Ligures e oestrymnios
(Nosos antergos precelticos).
Tamen elexiron a nosa terra os celtas, nos
Seculos VI e V antes de Cristo.
Os celtas (do grego “keltoi”=montañés) eran pobos de carácter hospitalario, guerreiro e inquedo.
Os celtas superiores os indixenas
Perfeccionaron a agricultura e gandería,
E introduciron as artes de fiar e tecer e a
Mineraloxía (uso do ferro e outros metáis). Os
Grupos xentilicios celtas deron nome a
Parroquia; o sufixo -mil significaba pros celtas río polo cal Candamil significa xunto do río.
Existiu algún que outro castro na localidade como o de Vilacide dunhas 50 áreas no que se supón que
Traballaban a cerámica.
 
  
Litoloxia
 
Dende o punto de vista litolóxico hai un claro
Predominio de esquistos e gneis do precámbrico o
Silúrico, con abondantes incrustacions de granitos e cuarcitas.
Estos materiais, aplanados durante o secundario e o terciario, foron fracturados a fináis deste ultimo
Orixinando duas líñas de fallas, aproveitadas polos
Numerosos regatos que surcan candamil.
 
  
Clima
 
O clima encontrase moi condicionado polas
Montañas do norte e oeste que cerran o paso as
Borrascas oceánicas e fan descender as
Temperaturas.
As precipitacions, moi escasas no verán, non superan
Os 1400mm. /anuais e a temperatura media anual
Ronda os 11 gc.
En conclusión, estamos nun clima oceánico con
Tendencia a continentalización.
 
  
Xeneralidades
 
Poboacion pertencente ó concello de xermade, sito  na provincia de Lugo.
Feligresía anexa á parroquia de santa baia de burgás e arciprestazgo de xermade.
Según o censo de 1991 os seus 130 habitante
Encontranse distribuidos en 14 entidades
Poboacionais. A sua   densidade media por entidade e,
Según o mesmo censo,  de 13 hab. /km2.
A sua superficie total e de 10 km2 cunha altitude de    460 m.
Encontrase situado no extremo noroccidental da
Comarca da terra chá.
E unha localidade eminentemente rural e sita o
Longo  da estrada rabade-ferrol c-641.
 
  
Ocio
 
Abundan os cruceiros, gardas da tradición popular.
O conxunto de medorras de Vilacide supón que a
época prehistórica foi moi rica.
O río Trimaz forma fermosos vales na parroquia;
espazos apropiados pa rutas de sendeirismo e pra
pesca xa que abondan troitas e barbos; e montes
onde podes observar penas e rochas milenarias
xurdindo da terra.
 
 
Arquitectura Relixiosa

Igrexa Parroquial.
Reconstruída recentemente. Ten o retablo maior
neoclásico, con esculturas de San Miguel (titular),
San Antón de Papua e Santa Baia (s. XIX) e
San Xoán Evangelista (s. XVIII).
Os retablos barrocos dereito e esquerdo teñen
columnas salomónicas, este último con esculturas
da Dolorosa, Santa Lucía e Ecce Homo (s. XVIII).
Cruz parroquial de prata con releve da
Concepción (s. XVII).
Capela da Pena.
Construcción de finais do s. XIX. Ten pranta
rectangular e está cuberta de madeira con dúas
vertentes; os muros son de pedra e o tellado de
lousa. O retablo é neoclásico de finais do s. XIX con
esculturas de Santa Filomena (titular), San Sebastián e Nosa Señora (repintados no s. XIX).
Cruceiros.
Hai cruceiros en As Pedregosas, O Picoucelo, Adro,
A Pena e outros particulares.
 
 
Festa patronal
 
San Miguel,
día 29 de setembro.
Faiselle unha festa a finais de setembro, alo polo día 29 ou 30.
 
  
Empresas
Casa Rural
A Pena de Candamil A Pena s/n
Teléfono/Fax 982177686
Gasolinera
Autoservicio Candamil. S.A. Os Curras s/n
Teléfono 982501125
Alimentación
A. Pita Fernández Os Curras s/n
Teléfono 982501064
Frutas Lalo Pedregosas s/n
Teléfono 629859028
Obras
Excavaciones T. Pena Pedregosas s/n
Teléfono 654165195
Restaurante
Restaurante Candamil Os Curras s/n
Teléfono 982501006
 
 
 
 

 

Saúdo de Santi.

xoves 07 febreiro 2008

Saúdo a todo-los visitantes do meu blog.
Congratulame que poidades colaborar, a traves dos comentarios,neste blog, e que sirva para coñecer mellor os datos que eu poida ir introducindo.....

Un saúdo.

 

Galerías

Algunhas das miñas fotos
  • Candamil

    Parroquia pertencente ó Concello de Xermade sito na provincia de Lugo.

  • A moto
Ver todas

Calendario

« agosto 2020
lu.ma.me.xo.ve.sa.do.
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
      
hoxe

Ligazóns

RSS